Parabéns ás nosas bailarinas de 3º ESO que resultaron gañadoras no Concurso de Baile das Festas Vedruna.
Nesta xornada de baile e festa, o alumnado de ESO comezou algo tímido este concurso pero a medida que se deixaban levar pola música desfrutaron dunha hora de baile ao aire libre con risas, pasos disparatados e pasos moi profesionais.
Foron as alumnas de 1º de BACH as encargadas de decidir as parellas que tiveron máis mérito, máis ganas e mellores ideas para os seus bailes.