LETRAS GALEGAS 2024: LUÍSA VILLALTA

 


    Este mércores, 15 de maio, volvemos celebrar o noso acto das Letras Galegas co alumnado de Secundaria e Bacharelato.


Celebramos o gran orgullo polo noso ser, pola nosa cultura, polo noso cantar e polas nosas LETRAS.

Un acto ben emotivo no que tivemos presente que a nosa lingua é valida para todos os ámbitos e artes.

Nesta ocasión foi o teatro e a música os eidos artísticos presentes.

Primeiramente foi o alumnado de 5º e 6º de Primaria e Infantil que nos presentaron a autora homenaxeada este 2024, Luísa Villalta, cun vídeo informativo sobre a vida e importancia da autora coruñesa, a través dos debuxos do alumnado.


Seguidamente, o alumnado de Bach botou andar as súas habilidades interpretativas representando dous lances da gran obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse.







Grande actuación e descuberta das artes teatrais do noso alumnado. Mais as habilidades artísticas presentes en Carmelitas non quedaron aí, senón que continuaron coa actuación do alumnado de 4º de ESO, que mesturou a música coa poesía, interpretando o poema de Manuel María, A fala, coa versión musicada de Suso Vaamonde.



    Grande emoción ao cantar: Galicia somos NÓS, a xente  e mais a fala, se buscas a Galicia, en ti tes que atopala!

 Feliz día, mes e ano das Letras Galegas.