Chegou a hora de actuar nos nosos “playbacks”.
Actuacións que amosaron o noso talento e creatividade, tanto no baile, como en efectos e decoración e vestiario.
Dentro da temática de Festival de Eurovisión, atopámonos con clásicos como as Azúcar Moreno, Maria Isabel, Chikilicuatre,.... Sen dúbida unha xornada de risas e espectáculo!
Grazas á ANPA pola achega e axuda.
Os gañadores e gañadoras da primeira categoría (1º e 2º ESO) foron:
1º Premio: 1º ESO B
2º Premio: 2º ESO A
No referente á segunda categoría (3º e 4º ESO), os premios foron para:
1º Premio: 3º ESO B
2º Premio 3º ESO A