XXII CERTAME LITERARIO VEDRUNA.

 


O alumnado de toda a etapa de secundaria e bacharelato participou no XXII CERTAME LITERARIO VEDRUNA. (7 de febreiro 2024)

Contamos este ano cunha edición diferente e interesante dado que nesta edición englobamos baixo a mesma data as dúas categorías. 

Por unha banda, 1º, 2º e 3º ESO e pola outra 4º ESO e Bacharelato.

O noso alumnado poderá optar ao 1º ou 2º premio de cada categoría e na lingua que prefiran, ben sexa en lingua galega ou castelá premios proporcionados pola ANPA do noso colexio.


“O poder dunha mirada: ollos que contan unha historia” foi o punto de partida para a inspiración dos e das participantes do certame.

Momento de reflexión e capacidade para deixarse levar polo espírito creativo e polo efecto cautivador que ofrece esa folla en branco que, en breves momentos, pasará a ser unha nova aventura, unha nova reflexión ou unha vía de escape.

Velaquí a importancia da literatura, que vai máis alá dunhas simples verbas.


Grazas pola participación!

 Arredor de 120 alumnos e alumnas dispostos a deixar voar a súa imaxinación!