Varios alumnos de 1º e 2º de bacharelato de Carmelitas Ourense participaron na Olimpíada Matemática Galega na celebrada na Universidade de Santiago de Compostela.
Esta olimpíada ten coma obxectivo fundamental estimular o estudo das matemáticas, desenvolvendo o gusto pola resolución de problemas, máis alá do temario curricular. Problemas que buscan a capacidade de raciocinio e a orixinalidade e creatividade de pensamento.
Queremos amosar o noso orgullo polo traballo e tempo que lle dedicaron os nosos alumnos á preparación desta xornada e ver que todo esforzo ten unha recompensa, como demostra a Mención de Honra do noso compañeiro Lucas Mondaray.
Parabéns a todos os que participastes e agardamos que desfrutarades desta xornada e experiencia única!