O alumnado de 4º da ESO asistiu á actividade: "ALCOL E DROGAS NA MOBILIDADE SEGURA", unha sesión formativa impartida por técnicos da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense (DXT) e xestionada polo Concello de Ourense.
Esta actividade constou de dúas partes. Na primeira, falouse de factores de risco na condución, alcol e drogas, e posteriormente, realizaron uns obradoiros con lentes de simulación dos efectos do alcol e das drogas, etilómetros e drogotests.
O obxectivo da actividade é concienciar a mocidade sobre os efectos do alcol e das drogas non só na condución de vehículos senón tamén sobre os seus efectos nas condutas peonís, así como condutores de bicicleta ou ciclomotor.