O NADAL XA ESTÁ PRESENTE EN CARMELITAS COAS SÚAS POSTAIS.

 O ambiente de nadal xa se fai notar por toda a cidade e en Carmelitas Ourense, tamén.


Durante estas semanas os diferentes cursos de Secundaria e Bacharelato realizaron as súas tradicionais postais de Nadal para poder participar no concurso organizado pola ANPA do colexio.






Certo é que este concurso xa tradicional no noso centro nunca nos deixa de sorprender.

En breve, coñeceremos os gañadores ou gañadoras do concurso, aínda que como se pode ver nas fotos, moitas das postais merecen o seu recoñecemento. 

Non foi tarefa doada para o xurado a escolla das mellores postais.







Parabéns e nunca deixedes de participar e ilusionarvos coas pequenas cousas que vos fan ben grandes!