CIDADANÍA ACTIVA

 


O alumnado de 1º de Bach foi recibido no Concello de Ourense dentro da actividade de cidadanía activa na que os estudantes exercen o seu dereito a petición, recollido no artigo 21 da Constitución.

Nesta actividade os alumnos e alumnas de 1º de Bach, acompañados polo profesor  de filosofía e profesora de historia, presentaron ao rexedor as súas solicitudes e propostas en referencia ás necesidades que detectan na nosa cidade.