ACTO CLAUSURA PROXECTO ENREDES- PROMOVENDO A IGUALDADE

 





Celebramos o acto de clausura do proxecto En Redes da Federación de ANPAS de colexios privados e concertados de Ourense e do proxecto Promovendo a Igualdade da ANPA do  Colexio  Plurilingüe  "Santa Teresa de Jesús", Carmeiltas Ourense.

Agradecemos a presenza neste acto do Delegado da Xunta en Ourense D. Gabriel Alén Castro e Xefe Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, D. Yago Borrajo Sánchez.

Ademais puidemos contar co presidente da Federación de ANPAS, Mario Fernández e presidente de ANPA do noso colexio, Alfonso Mondaray, así como coas representantes das ANPAS de Maristas, Josefinas e Santo Ángel.

Por último, agradecer a Dna Ana Martínez, Subdirectora de tratamento del Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar, participante neste proxecto e ás entidades colaboradoras, Asociación Amaranta e Vitaldent Ourense.

Con todo isto, somos conscientes de que os protagonistas son os nenos e nenas que desenvolveron un labor magnífico durante este proxecto, co asesoramento dos nosos orientadores Óscar e María.

Tanto o alumnado de 5º e 6º de primaria como os de 2º de ESO amosaron as súas reflexións a prol da IGUALDADE, esnaquizando a desinformación con respecto ao tema que temos na nosa sociedade.





Parabéns porque vós sodes o noso futuro.