EXPLÍCOCHE MATEMÁTICAS 2.0 : DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA + CIENCIA

 

O curso rematou mais seguimos celebrando logros do noso alumnado.

Festexamos o 3º premio de Rocío Rodicio González, de 1º de Bacharelato, no concurso "EXPLÍCOCHE MATÉMATICAS 2.0"

Este concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas e que xa vai pola súa décima edición, ten como obxectivo promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.


https://www.youtube.com/watch?v=E2HN24vaUDo

Podes consultar o seu vídeo nesta ligazón.