GRADUACIÓN 4º ESO

 












No ámbito escolar, xuño é o mes das despedidas, non só polo remate do curso escolar senón tamén despedida para aqueles que cambian de etapa. Este martes foi a quenda do alumnado que remata este ano a "ESO".













Un pracer vivir a evolución destes rapaces e rapaces que entraron aló polo 2011 pola porta de Corrixidor e que agora se converteron en adolescentes con miras cara o seu futuro.

O serán deste martes viviron unha despedida con verbas cheas de emoción, ánimo e agarimo por parte do propio alumnado e da directora do centro Yolanda Álvarez.








Mais non só as palabras emocionan, senón que a música interpretada por Lucas, Simón e Laura de 4º de ESO fixo que se nos puxesen os pelos de punta.

PARABÉNS POLA VOSA GRADUACIÓN!