Os alumnos e alumnas de 1º ESO comezan a semana con enerxía nunha xornada chea de actividades lúdicas e deportivas no Camping "Os Fieitas" no Grove.
Comezaron o día na praia de Riba do Pozo gozando dunha mañá espléndida de piragüismo con canoas.
Tras esta actividade refrescante.... Chegou á hora de descubrir a escalada en rocódromo! Actividade de adestramento tanto físico como mental.
A tirolina nunca defrauda! 60 metros de adrenalina coa que desfrutaron a esgalla.
Toda unha xornada de convivencia e novas experiencias para os compañeiros e compañeiras de 1º de ESO.