Parabéns para as nosas alumnas de 2º de Bacharelato, Sofía Nieto Feijóo e Sara Almeida González que se gradúan no Bacharelato Dual, obtendo o "American Highschool Diploma" e ademais con matrícula de honra!
O esforzo extra e o traballo constante destas alumnas é todo un orgullo para toda a nosa familia Vedruna.
A graduación oficial celebrarase o 1 de xullo en Madrid cunha gran festa ao estilo "American Highschool"!
Mais o noso orgullo non queda aí, xa que tamén acabaron o curso con matrícula de honra os alumnos de 4º de ESO Laura Díaz López e Lucas Mondaray Travieso, así como Antía Arias Martínez e Francisco Quintá Seoane de 3º ESO.
Mostra de que todo esforzo ten a súa recompensa!
Continuade así!
Non esquezades se queredes comezar o Bach Dual tedes ata o día 31 de maio para anotarse!
Toda a información na nosa páxina web
#DiplomaDual, #DualDiploma #Los300Mejores