O alumnado de 3º ESO asistiu a unha charla impartida polo Servizo Quérote +, pertencente á Consellaría de Política Social e Xuventude, na que recibiron información para poder eliminar os falsos mitos ou crenzas que aínda existen sobre a sexualidade.
Así mesmo, o servizo Quérote+ procura achegar información á mocidade para poder estimular a súa valoración crítica no acceso e análise de información sobre a sexualidade.
Unha charla moi necesaria e interesante para a mocidade actual para que poida aprender a xestionar as relacións correctamente.
"Quéreme ben ou non me queiras"