Especialistas do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) achégaronse ao noso centro para impartir unha sesión divulgativa do programa NAVEGA CON RUMBO aos alumnos de 1º e 2º ESO.
Este programa da Xunta de Galicia ten como obxectivo concienciar ao alumnado, profesorado e familias no uso responsable de Internet e as redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura.