1º de Bacharelato asistiu á charla informativa impartida por persoal e alumnado pertencente á Cátedra ALDABA WIB (Facultade de Informática da UDC e Escola Superior de Enxeñaría Informativa UVigo) que ten como obxectivo potenciar e enriquecer o progreso das TIC, promocionando unha crecente participación das mulleres no seu desenvolvemento.
Os alumnos e alumnas puideron descubrir dende a propia experiencia da alumna da Facultade de Informática da UDC en que consiste o Grao de Enxeñaría Informática e coñecer o amplo rango de saídas profesionais que proporciona.
Así mesmo, a charla procurou dar visibilidade ás achegas das mulleres no eido das TIC, de cara a xerar referentes para espertar o interese das rapazas nas carreiras tecnolóxicas.
Cabe destacar a importancia de coñecer as salientables contribucións das TIC na mellora dos servizos sociais, culturais, da saúde e romper cos estereotipos puramente tecnolóxicos.