GUIDED TOUR NEAR THE SCHOOL!

 




Como proxecto final, o noso alumnado de Pluribach remata cunha actividade lúdica que consiste nun Tour turístico arredor do colexio, visitando os lugares importantes e de interese que temos arredor.

Temos a gran sorte de estar ubicados no centro da historia de Ourense e así llo demostraron os alumnos e alumnas de Pluribach aos seus compañeiros de 5º de primaria. Iso si, toda a información que ofreceron foi en inglés.



O punto de partida foi a Praza do Correxidor coa súa estatua de Otero Pedraio.  Praza dos Suaves, a Catedral, Praza do Trigo, Praza das Damas, Praza da Madalena e a Igrexa Santa María Nai foron os seguintes puntos de interese coa súa información e detalles curiosos.






A Praza Maior e o Concello de Ourense son puntos claves nesta guía turística, a única praza inclinada do País!


Claro está que As Burgas é unha visita obrigada para calquera turista!




Continuamos o percorrido ata chegar á Praza Bispo Cesáreo facendo fincapé na súa estatua que representa o escritor Eduardo Blanco Amor, amante de Auria, a nosa cidade.

As seguintes paradas obrigatorias son a Igrexa de Santa Eufemia e o Teatro Principal, para poder voltar á Catedral e seguir descubrindo curiosidades.

O alumnado de Primaria debe prestar atención para poder resolver o cuestionario cos datos curiosos que lle foron ofrecendo os seus "guías especiais".

Non podemos esquecer que estamos rodeados de historia e cultura, por iso rematamos visitando O Claustro de San Francisco,  o Arquivo e a Biblioteca Nós, que temos ao noso carón.





Tanto o alumnado de Pluribach como o de 5º de Primaria descubriron os arredores do colexio doutro xeito, decatándose que temos unha beleza de cidade ao noso arredor.