Xornada de Portas abertas no Campus Universitario de Ourense no que o noso alumnado de 1º Bacharelato están a descubrir as diferentes facultades segundo as especialidades.
Por unha banda, o itinerario do ámbito xurídico-social, humanidades e artes, no cal visitan as Facultades de Educación e Traballo Social, Historia, Ciencias Empresariais e Turismo, así como a Facultade de Dereito e Relacións internacionais.
Por outra banda, o percorrido de ciencias e enxeñaría. O alumnado deste itinerario percorreran as Facultades de Ciencias, Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de Informática.
Non cabe dúbida de que será unha xornada produtiva coa finalidade de axudar aos nosos compañeiros e compañeiras a escoller o seu futuro universitario.