CIENCIAS NO CAMPUS DE OURENSE. ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

 

O Decano da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense, Francisco Javier Rodríguez Rajo informou ao alumnado de 4º de ESO de Ciencias das posibilidades que lles ofrece o campus dentro do eido científico.

Nesta charla, o noso alumnado puido coñecer de primeira man o Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, o Grao en Ciencias Ambientais e o Grao en Enxeñería Agraria.

Esta charla, organizada polo Departamento de Orientación, ofrece ao noso alumnado unha enfoque máis claro cara ao seu futuro universitario.