CERTAME LITERARIO SANTA XOAQUINA






Hoxe, 19 de abril, o alumnado de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato deixou voar a súa imaxinación, creatividade e expresividade no II Certame Literario Santa Xoaquina, celebrado na biblioteca do sétimo andar.

"Querémonos e coidámonos/ Nos queremos y nos cuidamos" foi o tema desta edición.

Seguindo as bases, o alumnado participante coñeceu o tema ao comezo do certame e realizaron os seus traballos nos folios selados polo centro e asinando cun pseudónimo.

Unha vez entregados os traballos, os alumnos e alumnas amosaron satisfacción polos seus relatos, poemas, cartas,... en lingua galega ou castelá.

Cabe destacar tamén o alumnado de 2º de bacharelato que expresaba a súa pena por ser a última participación neste certame.