RÚAS DE POESÍA, ROTEIRO LITERARIO


Hoxe, martes 21 de marzo, é o Día da Poesía, un día no que se celebra a beleza da palabra escrita e recitada.  A poesía é unha fonte de inspiración para moitos escritores e escritoras. 

O alumnado  de 3⁰ de ESO coñeceu moitos lugares emblemáticos da nosa cidade, no roteiro "Ourense literario" que ofrece o Concello de Ourense. Desta maneira, e da man do noso guía, achegámonos algo máis á "Atenas de Galicia"