EXPLORANDO A CORUÑA CIENTÍFICA E ARTÍSTICA





As actividades dentro das Xornadas “Ciencia con nome de muller” continúan e nesta ocasión os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato realizáronas en A Coruña.


A súa primeira actividade foi a visita á #DOMUS, primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano, no cal descubriron moitísimas curiosidades sobre o corpo humano.











En segundo lugar, o noso alumnado tivo a oportunidade de visitar a exposición #Steven Meisel 93, no #Laboratorio de Educación Artística. Nesta visita, involucráronse nun proxecto de mediación artística e educativa na que foron protagonistas de experiencias estéticas.

Deste xeito, descubriron o mundo da fotografía artística en primeira persoa a través de artistas locais e seguindo parte da traxectoria deste famoso fotógrafo.




















Por último, desfrutaron dunha visita guiada pola exposición  “AI. More than human” da #Fundación Abanca. Nesta exposición puideron explorar a relación entre as persoas e a intelixencia artificial.










Non hai dúbida de que foi unha un día completo!