As actividades do ciclo "Ciencia con nome de muller" continúan.
Desta vez, foron os alumnos de 4º de ESO os que puideron descubrir a ciencia dunha maneira diferente á habitual.
Achegáronse á Universidade de Ourense, Campus da Auga, para coñecer os diferentes proxectos sobre o medio ambiente que están a realizar no EPhysLab (Environmental Physics Laboratory).