ACTO DE HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO


 




Hoxe, no Salón de Plenos do Concello de Ourense, celebramos un acto para conmemorar o día de Rosalía con varios colexios que se organizou a través de todos os equipos de dinamización da Lingua Galega da nosa provincia.

 









Cada colexio leu ou cantou un poema de Rosalía e, nós levamos unha canción dun poema da autora chamado “Hora tras hora, día tras día”. A canción foi adaptada pola mestra de música, Conchi López e acompañada polo profesor de rondalla, Miguel Araújo; ademais de cinco alumnas de 1º da ESO, Aroa, Celia, Emma, Carla e Antía, e  un alumno de 6º de EP, Hugo.

 


Foi un bonito acto que se centrou na beleza dos poemas de Rosalía e na unión dos diferentes centros educativos.

#normalizaciónlingüística    #EDLG  #RosalíadeCastro    #DíadeRosalía #ogalegomola