UNIDREAM: CON VISTAS AO FUTURO

 

Despois do éxito do ano pasado, o alumnado de 1º bacharelato repite experiencia dentro do programa educativo #UNIDREAM.


Este programa ten como obxectivo dar ao alumnado unha orientación académica e así darlles a coñecer as posibilidades de estudar en universidades americanas, europeas e españolas.

Na xornada de hoxe o alumnado inscribiuse neste programa que, despois dunha proba na próxima sesión, poderá obter unha informe personalizado con universidades e carreiras que poderían encaixar segundo o seu nivel, os seus intereses e  as súas habilidades.



Vémonos na seguinte sesión!!

#UNIDREAM