Dentro das xornadas "Ciencia con nombre de mujer", os alumnos 1ºde Bach convertéronse en relatores por un día, xa que foron eles os encargados de ofrecer unha charla aos alumnos de 2º ESO sobre as súas investigacións científicas.
Esta actividade ten como finalidade que o propio alumnado de 1º bach esperte o interese do alumnado de ESO, comentando diferentes curiosidades científicas.
Ademais, remataron esta presentación cun debate co propósito de reflexionar sobre o reto da redución do uso dos plásticos; dando resposta á chamada da ONU para cumplir os ODS fixados para o 2030.
#cienciaconnombredemujer #vocacionesstem #ODS