A campaña de Nadal organizada por Pastoral ten como finalidade facer un nadal máis doce e agarimoso en todos os sentidos.
Alumnos de diferentes cursos, tanto da ESO como de Bacharelato, azucraron os nosos recreos cos seus diferentes doces. Todo un pracer para os nosos sentidos, ulir polos corredores o arrecendo dos seus elaborados.
No tocante á recolecta de alimentos que facemos en todo o colexio, foron os alumnos de 2º de Bacharelato os encargados de preparar os lotes e repartirlos polas diferentes parroquias que conforman a nosa cidade.
Como ben sabemos, non só se trata de recadar senón tamén de acompañar nestes días tan especiais. E así fixeron os nosos alumnos que visitaron as nosas irmás.