AS MATEMÁTICAS ATA O INFINITO E MÁIS AQUÍ.

 

 Non podiamos comezar esta aventura científica cunha representante mellor. 

A nosa primeira visita, Elena Vázquez Cendón, foi definida polo noso alumnado como a pioneira ourensá.

Elena é docente, investigadora e decana  da Universidade de Santiago de Compostela e vén de recibir o Premio María Josefa Wonenburger 2022. O galardón, outorgado anualmente dende a súa creación no 2007, distingue as mulleres de Galicia con traxectorias nos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía.





Nesta visita puidemos coñecer unha apaixoada da ciencia, das matemáticas e da investigación como ben amosou na súa charla aos alumnos de 1º e 2º de Bach.

A súa charla partiu dende a pegada que os seus mestres e mestras de escola deixaron nela ata aos seus referentes científicos, indicidindo nos referentes femininos que marcaron historia.



Agradecemos enormemente o seu xeito de transmitir a sensacion e realidade matemática.