Dende o departamento de Matemáticas conmemoramos a presenza da muller na ciencia, recoñecendo o premio que recibiu a matemática e investigadora ourensá, Elena Vázquez.
A nosa concidadá foi galardoada co premio María Josefa Wonenburguer 2022, outorgado pola Consellaría de Igualdade da Xunta de Galicia.
A través das actividades organizadas no departamento o noso alumnado está traballando de xeito transversal os ODS (Educación de Calidade e Igualdade de Xénero).