Xa se comeza a percibir o ambiente de Nadal e os nosos alumnos de 1º de ESO aproveitaron diferentes materiais reciclados pare realizar os seus beléns.
Durante algunhas sesións de Plástica, o alumnado traballou de forma grupal e colaborativa para realizar auténticas marabillas con materiais de refugallo.
A súa creatividade non só é obvia no resultado final, senón tamén na escolla dos diferentes materiais para realizar os seus traballos.