CIDADANÍA ACTIVA

Os alumnos e alumnas de 1° de Bach de Carmelitas presentaron as súas reclamacións e peticións ante o Alcalde de Ourense e as autoridades locais.

Así pois, exerceron o seu dereito como cidadáns activos, amosando o seu espírito crítico, fundamento do crecemento das nosas comunidades.

A reedición dunha Atenas de Galicia, dun Ourense cunha intelectualidade, é unha aspiración propia dunha xuventude con talento que debe ser potenciada.