SOMOS CAMIÑO


 


Coa finalidade de realizar unha convivencia de comezo de curso, este ano o noso alumnado camiñou cara Compostela!


Hoxe é a quenda das compañeiras e compañeiros de 1º e 2º de ESO que comezan o día co último tramo do camiño francés. Parten do Monte do Gozo, onde xa poden desfrutar das marabillosas vistas da Catedral de Santiago.





Uns poucos quilómetros que se traducen en fraternidade entre os nosos compañeiros; o primeiro tramo de camiño para moitos dos nosos alumnos e alumnas.

Unha vez que chegaron a Santiago, puideron visitar as diferentes prazas arredor da Catedral e descansar un pouco para despois poder asistir á Misa do Peregrino.





Unha vez rematada a visita de Santiago, é hora de xantar na praia e desfrutar dos últimos días de verán en Ribeira.