COMEZAMOS O CURSO EN .....BROADSTAIRS (UK)

 

Estamos a piques de comezar o curso 2022/ 2023, mais o alumnado de 4º de ESO e 1º/2º bacharelato xa comezaron a vivir a súa primeira experiencia deste curso.

Este sábado empeza a súa viaxe de inmersión lingüística a Broadstairs, vila ao leste de Londres.

O noso alumnado desfrutará dunha semana chea de novas experiencias inmersos na cultura anglosaxona.

Non hai mellor maneira de comezar o curso!!