Os alumnos de 3º e 1º de ESO estiveron a traballar este curso a lingua estranxeira como chave para coñecer as diferentes culturas tanto francófonas como anglosaxonas.
A través das súas fantásticas maquetas realizadas na materia de Tecnoloxía, presentaron nas correspondentes linguas os diferentes lugares do mundo por medio dos seus monumentos.
Non hai palabras para expresar o marabillosas que quedaron.
Hoxe, na #Festa da Familia poderán verse unha boa mostra destes traballos