XL XOGOS FLORAIS: QUE AS PALABRAS SEXAN ARMAS DE CONSTRUCIÓN MASIVA.



Na pasada noitiña puidemos celebrar unha edición dos Xogos Florais especial; xa que foi a súa cuadraxésima edición.

Non podiamos celebrar esta edición sen recordar as dúas mulleres clave que comezaron con esta proxecto convertido en tradición, Rosa Barciela e Purificación Fernández.

Tras a fantástica actuación da rondalla do colexio, percorremos a historia dos xogos florais a través dun vídeo que nos fixo ver a creatividade amosada polos noso alumnado durante estes corenta anos.

Onte, tamén foi o día no que recibiron os seus premios os alumnos e alumnas gañadores do certame literario. Gran lectura por parte das gañadoras.



1º Premio lingua castelá:     María García Casares (4º eso A)

1º Premio lingua galega        Adriana Camoeiras Castro (4º eso A)


2º Premio lingua galega        Raúl Álvarez Pampín (2º Bach A)


2º Premio lingua castelá:      Aurora García Losada (4º eso A)
Accésit lingua galega           María Díaz Martínez (1º Bach C)


Accésit lingua castelá:         Alba Álvarez Viso (4º eso A)

Tivemos a gran sorte de contar coa compañía do escritor Pedro Feijóo Barreiro que nos dedicou unhas palabras para celebrar este festexo literario, animando ao noso alumnado a facer un uso responsable das súas verbas.


Finalmente, foi a quenda das damas de horna, raíña e acompañantes que desfrutaron dunha noite memorable.