NON PECHES A MALETA, EXPANDE AS TÚAS LETRAS. LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 




Comezamos a celebrar o día das Letras Galegas este venres 13 cunha reflexión compartida cos compañeiros e compañeiras de ESO e Bacharelato.

Para comezar a celebración, presentamos os dous carteis do Día das Letras Galegas 2022 realizados por dúas alumnas de 3º e 4º Eso, os cales resultaron ser auténticas obras de arte.

Daniela 3º ESO

Rocío 4º ESO


As encargadas de presentar o autor homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán, foron as alumnas de 1º de Bacharelato, as cales profundizaron tanto na vida do autor como na súa obra. 


Durante a presentación tivemos a colaboración de Alberto Nieto, de 1º de bacharelato, que nos recitou un poema pertencente á obra Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán.


No tocante aos alumnos de ESO, estiveron preparando durante estes días "O ROTEIRO DAS LETRAS".

    Un trivial en galego, sobre o galego e as súas curiosidades para formato Instagram.