Comezan as festas en Carmelitas Ourense!
Tras o almorzo tradicional cos nosos titores e titoras, os alumnos de 1º de Bach foron os encargados de iniciar as festas co seu tradicional pregón. Este ano con formato televisivo, facendo sátira con distintos programas da actualidade; tivemos dende "Chicote" ata Iker Jiménez.
Despois do recreo, chega o concurso de Cociña, un dos que máis participación e expectación ten.
Como novidade, este ano os alumnos de 1º de ESO prepararon un mercado solidario no que porán á venda as súas bolsas feitas para o proxecto de Linguas estranxeiras en combinación coa materia de Plástica.
Verdadeiras obras de arte!!
Ademais durante todo o día o alumnado gozou dunha gran xornada deportiva cos diferentes torneos de fútbol sala, voleibol e baloncesto, xunto co tradicional partido de fútbol sala de Profesores vs. Alumnos.