Con motivo da celebración dos Xogos Florais o vindeiro 4 de maio, un elevado número de alumnos de 4º de ESO e Bacharelato están participando na edición XL do Certame literario Xogos Florais.
Unha vez que o alumnado subiu á biblioteca demos a coñecer o tema do certame: "Unha man amiga".
Tras uns minutos de reflexión, os nosos compañeiros deixáronse levar pola inspiración para elaborar os seus traballos inéditos e orixinais.
Os seus escritos, tanto en lingua galega como en lingua castelá, amosarán o seu punto de vista, creatividade e sensibilidade en relación co tema presentando.