Hoxe, 9 de febreiro, o alumnado de 1º, 2º, 3º ESO participou no XX Certame literario Vedruna, organizado polo Departamento de Lengua e lingua, co tema "Coida a Terra, valora a Vida".
Os nosos compañeiros e compañeiras de 2º e 3º ESO puideron inspirarse e realizar os seus traballos dende a Biblioteca principal.
Non obstante, os alumnos de 1º ESO deixáronse levar polos seus bolígrafos na Biblioteca do 4º andar, recordando vellos tempos da etapa de primaria.
Agardamos que todos e todas desfrutasen desta xornada literaria e estamos desexosos por coñecer as súas redaccións.
A vindeira semana o xurado reunirase para consesuar e valorar os mellores traballos.
Moita sorte para todos os participantes!