«As mulleres estamos a mudar o mundo. Conseguimos mudar as formas de mirar e de investigar. Agora vemos e vémonos.»
O alumnado de cultura científica de 1º Bach e o profesorado da materia rematamos a semana asisitindo a "eXXperimenta en Feminino".
Docentes e investigadoras, xunto coa Unidade de Cultura Científica e da Innovación e a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, conmemoran con diversas actividades o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.
O obxectivo é darlle visibilidade ao traballo das mulleres nestes eidos, crear referentes femininos no campo da ciencia e da enxeñaría, e promover prácticas que favorezan a igualdade de xénero.