REMATANDO O ANO XELA ARIAS COA VISITA DO SEU FILLO, DARÍO GIL ARIAS

 





 Na xornada de hoxe o alumnado de 4º e 1º de bacharelato recibiron a visita de Darío Gil Arias en represantación da familia de Xela Arias.









Na charla ofrecida por Darío, o fillo de Xela Arias, o noso alumnado puido coñecer de primeira man diferentes aspectos da vida de Xela Arias en referencia as súas diferentes facetas a prol da lingua galega.

Dende o equipo de Dinaminación Lingüística de Carmelitas Ourense queremos agradecer a visita de @DaríoGilArias; por iso quixemos agasarlle unha camiseta adicada coa frase de Xela Arias que mellor a define dende o noso punto de vista:

"Sei que só podo escribir desde muller, desde miope e desde galega"


#XelaArias
#LetrasGalegas2021
#DinamizaciónLingüística