RACHAR COA VIOLENCIA DE XÉNERO

                     O primeiro paso para rematar coa eiva da violencia é rachar co silencio. 

Durante o primeiro trimestre, o alumnado de 1º de Bacharelato estivo lendo a novela #Senlleiras, de @Antía Yáñez, na que se afonda na figura de dúas mulleres de séculos diferentes que sofren violencia cada día, simplemente polo feito de ser muller.

Tras esta lectura, o alumnado realizou, mediante o debate, unha análise das situacións cotiás de violencia física e psicolóxica, que normalizou a sociedade durante a historia.

Pretendemos rachar co silencio e dar visibilidade a esta realidade tráxica, non como feito puntual, senón como desgraza diaria presente aínda na nosa sociedade.

Polo tanto, con toda a convicción de que está nas nosas mans o poder de cambiar, "desnormalicemos" os actos violentos, rachemos con eles.

        NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO