Nesta semana continuamos coa terceira sesión de titorías sobre "IGUALDADE e REDES SOCIAIS" a través da asociación #APES, en colaboración coa Xunta de Galicia, Federación de AMPAS, ANPA do noso centro e o Departamento de Orientación.
Ditas titorías teñen como finalidade fomentar a igualdade e previr a violencia de xénero a través dos seguintes proxectos:
- En 1º da ESO: "ENREDADOS na IGUALDADE".
Nesta sesión o noso alumnado de 1º de ESO visionaron un vídeo para traballar os estereotipos masculinos e femininos a través dos contos e, ademais, realización os seus propios contos.
- 2º, 3º e 4º da ESO: "MISIÓN IGUALDADE":
No caso dos cursos de 2º, 3º e 4º da ESO, o alumnado cubriu persoalmente un caderno de actividades con retos para reforzar os contidos destas sesións de titorías.
Ao rematar, TODOS/AS os/as alumnos/as cubriron as enquisas de coñecementos adquiridos estes días.
Ademais, tanto o alumnado como os titores remataron a sesión cubrindo as enquisas de satisfacción das titorías das tres sesións realizadas.
#APESsocial #prevencion #igualdadedexenero #MisionIgualdade #federaciondeampas #EnredadosnaIgualdade
@apes.asociacion