MÚSICA EN GALEGO: GOZAMOS DAS NOSAS "LETRAS" GALEGAS




Estamos de celebración! Achégase o día das nosas letras e os alumnos de 2º de ESO quérennos ensinar  as "LETRAS" que eles mesmos escolleron.

Letras das cancións da gran cantidade de grupos e cantantes galegos que tivemos, temos e que comezan a súa andaina.

Percorremos a historia da música escrita en galego, dende os veteranos Juan Pardo ou os Tamara ata grupos actuais como Desequilibrio Mental, Cuarta Xusta ou O Sonoro Maxín.








Durante as vindeiras semanas, daremos a coñecer as nosas recomendacións de música en galego para o resto de compañeiros e compañeiras. 

A través das súas investigacións na rede, descubriron un amplo abano de posibilidades; rock, rap, pop... É dicir, que temos para todos os gustos!

Esperamos que gocedes das nosas recomendacións musicais!