PROFESIONAIS DO SUBTITULADO EN PLURIBACH

 


Durante a ultima sesión de Pluribach profundizamos no mundo do subtitulado. 

Parece moi sinxelo inserir unhas simples palabras nun vídeo, mais o subtitulado vai máis alá. 




Dende a adaptación e axuste dos nosos textos (inglés- inglés ou inglés- galego ou castelán) ata as pequenas especificacións que esixe un subtitulado de calidade.

Rematamos Pluribach 2020-2021, ano máis que complicado para realizar os nosos proxectos pero conseguímolo! E como non o iamos conseguir con estes compañeiros e compañeiras excepcionais que temos!