CERTAME VIAQUA: RELATOS DE AUGA INTELIXENTE

Hoxe, 29 de abril, celebrouse no Concello de Ourense o acto de entrega dos premios do VII Certame Literario Viaqua “Relatos de agua inteligente”, no  que participaron escolares de 12 a 17 anos de toda Galicia.

Na categoría de “Relatos clásicos”, a Nosa alumna Mª Victoria Outeiriño Cid acadou o 1º premio da provincia de Ourense cun fermoso traballo  titulado “A culpa”.

Esta edición centrouse no impacto que os produtos non degradables teñen nas redes de saneamento. 

Nun ano marcado pola pandemia, que esixiu aos centros educativos adaptarse a esta nova situación, a organización recibiu preto de catrocentos relatos. A concesionaria do servizo de subministración de auga,  Viaqua, aproveitou o acto para agradecer ao profesorado a súa implicación, xa que « sen  eles e ou  seu  apoio,  manter un  certame literario por sétimo ano consecutivo e con  traballo de gran nivel  non sería posible», e animou aos escolares a seguir participando.

Mª Victoria Outeiriño Cid e a súa irmá Cristina Outeriño Cid esperando que comece o acto entrega dos premios do Certame Viaqua "Relatos de auga intelixente"