OBRADOIRO DE RECICLAXE CREATIVA

 


Para rematar o segundo trimestre, o alumnado de 1º de ESO desenvolveu a súa creatividade "ecolóxica" na materia de Educación Plástica.

A finalidade deste proxecto foi dar unha segunda vida a refugallos que botamos ao lixo diariamente, coma botellas, caixas de cartón, chapas... 

Non adoitamos ver máis alá da súa finalidade principal, mais os nosos alumnos foron quen de ir máis aló e volver aproveitar o desaproveitado.

 Velaquí as súas marabillas: