AÍNDA ESTAMOS A TEMPO, CERTAME LITERARIO SANTA JOAQUINA.


 Aínda estamos a tempo foi o tema base para o Certame literario Santa Joaquina, celebrado hoxe no noso centro.

O alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato gozou dunha xornada para reflexionar e deixarse levar pola súa imaxinación.

Cada curso foi distribuído en diferentes aulas, pero nesta ocasión, e seguindo todas as medidas COVID, por fin volvemos a biblioteca; lugar ideal para deixar fluír a tinta matinando novas historias.

Quedamos desexosos de coñecer os relatos, contos, cartas ou poemas dos nosos compañeiros.

Os premios daránse a coñecer o vindeiro 21 de maio!

Moita sorte aos nosos escritores e escritoras.