DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA EN BACHARELATO

Co fin de lograr o acceso e participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e nenas, ademais de conseguir a igualdade de xénero, as Nacións Unidas  decidiron proclamar o día de hoxe, 11 de febreiro, como o Día Internacional da Muller e da nena na Ciencia.

Nós unímonos á esta celebración a través de diferentes actividades didácticas en diferentes materias para fomentar a vocación feminina no eido científico.

Comezamos cos alumnos de Bacharelato que visionaron o documental "Picture a scientist", proxectado online pola Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía (FECYT).



Ademais, na materia de matemáticas, participaron nunha Scape Room dixital na que puxeron a proba o seu enxeño para saír do "corredor do esquecemento recordado", aproveitando esta actividade para aprender sobre diferentes mulleres matemáticas da historia








#nomorematildas #11febrero #pictureascientist #fecyt #womeninscience  #DiaMujeryNinaenCiencia @mymRSME