CIENCIA EN FEMININO E CADA VEZ MÁIS PLURAL

 


Despois das actividades de Bacharelato para a conmemoración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, continuamos cos alumnos de Secundaria que, ao longo desta mañá, foron realizando diferentes unidades didácticas dependendo do curso.

Comezamos con 1º de ESO. Nas materias de Bioloxía  e Educación Plástica desenvolveron o proxecto "Mulleres científicas";  actividade enfocada a dar visibilidade de exemplos de mulleres que desenvolven a súa traxectoria profesional científica.











Na materia de APP, os alumnos de 2º de ESO seguiron a liña temática anterior descubrindo científicas por medio dunha investigación na rede. Tras este primeiro paso, os alumnos deseñaron as súas "postais científicas" aportando imaxes e frases representativa de cada científica, a través da aplicación Canva.





No caso de 3º de eso durante a clase de tecnoloxía, a actividade a realizar foi "De quen é o teléfono?", na cal os alumnos se puxeron na pel dunha científica ou científico. Reflexionaron sobre a que lles gustaría dedicarse se puideran ser o científico que quixesen e configuraron como sería o seu teléfono móbil; que tipo de publicacións farían, cal sería a súa playlist favorita, con quen whatsappearían, ... 

Na quenda de 4º de ESO, a actividade escollida na materia de Cultura científica foi a busca de vídeos fotografías ou mulleres científicas relacionados coa especialidade científica que máis lles gusta. Unha vez rematada a investigación, presentaron o seu traballo aos seus compañeiros.